Laura está contentísima pola volta do seu fillo. Marcos fíxose un home e xa é un señor avogado. Ao fin, parece que madurou. Álvaro tamén ten os seus motivos para alegrarse pois espera que con el a sombra de Pedro desapareza para sempre. Pono ao tanto das súas sospeitas respecto das malas artes de Pedro e a súa pretensión de conquistar a Laura. A fuxida cara adiante de Pedro respecto ao asunto do usufructo pódelle custar cara coa presenza de Marcos e os seus coñecementos de leis.María volveu a Santalla ba...