No pobo de Santalla hai un enxeñeiro chegado hai pouco -acompañado duns prismáticos que revolucionarán a vila- para supervisar os labores de prospección e dirixir os estudos xeolóxicos cara á construción do encoro, aínda que non é seguro que se vaia construír, algo que fai sentir a Tomás optimista e que lles dá aos veciños esperanzas respecto á tan temida inundación da vila. A tal respecto, Cosme, Manuel e tamén Freire, seguen a manter a súa postura.Pola súa parte, María xa está ao tanto da remuneración ...