Manuel séntese traizoado por Freire e por Tomás. Está moi anoxado e non quere abrirse nin intenta solucionar o asunto. Péchase en sí mesmo mesmo. O problema é que este estado de ánimo contáxiase ás súas respectivas esposas. Sara e Deli terán os seus rozamentos ata negar a falarse. Curiosamente Elvira servirá de catalizador para que as irmás arranxen as súas diferenzas e intenten traballar para acabar coas dos seus maridos.A conspiración contra Don Román está en marcha. Aproveitarán unha feira para roubar...