A inminente chegada de Pili a Santalla fai que María non se sinta cómoda e así llo fará saber... mentres que a Pablo se lle dá por defender o honor da súa irmá porque interpreta que Pili non xoga limpo. Doutro lado, cando a Elvira se lle rompe a figura dun santo a Elías dálle que pensar e comeza a elaborar un plan de estafa industrial mediante unha imparable produción de figuriñas en cadea para a cerería - mercería. Pola súa parte Deli segue coa idea de ter outro fillo, pero Freire faise o despistado e...