As nosas cidades nunca descansan, sempre están en movemento! Cheas de vida, de historias, de ritmo, de momentos, de xente. Hoxe en Latexos da Cidade visitaremos a cidade de Vigo para coñecer todo o que se agocha no Centro Oceanográfico, un lugar incrible onde se investigan moitas cousas relacionadas co noso mar e cos nosos peixes. En Ourense, visitaremos unha empresa aceiteira con cincuenta anos de historia para ver como é todo o proceso do aceite. E coidado, que haberá que varear! E en Pontevedra descubriremos como é a doazón de sangue e a onde vai dar toda a que se recolle. E para rematar pasaremos un día moi especial coa presentadora Patricia Santana. Personal shopper, tratamentos de beleza...e remataremos no Luar, nada menos!