As nosas cidades nunca descansan, sempre están en movemento! Cheas de vida, de historias, de ritmo, de momentos, de xente. Hoxe en Latexos da Cidade visitaremos a Coruña, pero non para ir de paseo. Hoxe iremos con moito traballo xa que habemos facer unha mudanza. E, con iso, xa sabemos que poden aparecer atrancos. En Pontevedra achegarémonos ata unha importante feira gourmet de produto galego. Que marabilla, que pintaza tiña todo! E en Lugo daremos unha volta en coche, pero dun xeito moi especial: cunha moza que está facendo as practicas para sacar o carné. E para rematar, en Vigo xogaremos ao paintball cuns cativos. Si xa saben, ese xogo de tirar pelotiñas de pintura. O caso é que os cativos acabaron tirando tamén outras cousas.