Galicia é un pequeno paraíso dos pans de calidade, que poden ser brancos, integrais, de trigo, de millo ou de centeo. Espectaculares como os de Cea, Carral, O Porriño ou Ousá. Benigno Campos propón facer un xantar cunha desas salsiñas que dan ganas de mollar pan sen parar: cocochas en salsa verde. Adrián pon rumbo a Neda, onde, guiado por Juan, aprende a facer un dos pans con máis sona de Galicia: o pan de Neda. Ten que meter as mans na masa se quere levarlles aos seus compañeiros un pan á altura do xantar. Ademais de como acompañamento da comida, a peza que leve sérvelles a Lola e a Leni para preparar a sobremesa: un pudin de pan e mazá.