O cociñeiro convidado desta edición, Silverio Barreiro, coa axuda do noso mestre Benigno, está disposto a facerlle unha homenaxe como mandan os libros á cociña italiana. Para iso, estes dous entendidos da nosa cociña, pensan facer solombo con polenta e cogomelos acompañado dun risotto.Pola súa parte, Adrián fará un percorrido moi interesante polos restaurantes de Vigo coas comidas mais exóticas.De volta na casa, a festa vai ser completa cos alfajores arxentinos, cos que Merchi e Leni agasallan o resto dos “Larpeiros”.