Será escoitar salmonetes e Benigno Campos xa terá en mente unha receita coa que sorprender os seus compañeiros. E, para que as espiñas non sexan un problema, pensa cociñar este peixiño dun xeito moi especial: salmonetes do señor cura, unha receita tradicional e moi elegante que se fai cos peixes desespiñados. Do primeiro prato encargaranse Leni e o cociñeiro convidado desta semana, Carlos Parra, que agasallarán o resto dos “larpeiros” cunha crema de allo porro ou vichyssoise. Pola súa parte, Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro ten hoxe ganas de ostras, así que collerá rumbo a Cambados para coñecer todos os segredos da súa cría en batea.