Por estas datas, Beningno Campos e Adrián Díaz abandonan a seguridade do seu pazo para descubrirlles aos espectadores unha receita excelente para cociñar nestas festas, bacallau con coliflor. Para preparar este prato, achegaranse a Valença do Minho, vila lusa onde hai moitos chefs especialmente habilidosos para cociñar este peixe. A entrega desta semana de “Larpeiros” fará un repaso polos pratos fundamentais da cociña de Nadal en Galicia na compaña da xornalista Noelia Otero e dos reporteiros Juan Fuentes, Eva Iglesias, Marta Doviro, Brenda Vázquez e Fran Rodríguez.