O queixo é o tema de conversa en “Larpeiros”, onde todos son auténticos fans deste produto. Gústanlles os queixos de todos os tipos: os máis tenros, os máis curados, os de vaca, os de ovella… e encántanlles tamén para cociñar, xa que dan un resultado estupendo en cremas, arroces ou salsas. Os “Larpeiros” fixéronlles grandes homenaxes aos queixos galegos. Desde os máis clásicos, coma o tetilla, ata os menos coñecidos, coma o do Cebreiro, pasaron pola mesa do programa como parte principal de moitos pratos. E é que en Galicia non hai unha gran variedade de queixos, pero si unha altísima calidade. Cada vez máis os queixos galegos son demandados e valorados no mundo enteiro e non é para menos, xa que están feitos cunha materia prima de primeira e coa arte dos mestres queixeiros. A Benigno Campos encántalle empregar o queixo na cociña e decide preparar costela de porco ao forno acompañada dun arroz cremoso de espinacas e queixo. O queixo tamén é un dos ingredientes da empanada de polbo que p