Benigno Campos ten hoxe unha receita coa que triunfar por todo o alto. Pensa preparar un polo con tomate ao estilo dos 'Larpeiros', un prato de toda a vida, pero co toque especial que lle van dar uns pementos chouriceiros, entre outras moitas cousas. Pola súa parte, Adrián, o “larpeiro” máis viaxeiro, irá nesta ocasión ata Vilanova de Arousa, onde, da man de Mariló, coñecerá galiñas, polos e galos da raza autóctona Galiña de Mos, uns animais que viven coma reis e que fan as delicias dos máis lambóns. De volta na casa, a festa vai ser completa coa torta de queixo marmorada coa que Leni e a reposteira convidada, Gloria Mascuñana, agasallarán os seus compañeiros.