A castaña será o produto protagonista da entrega desta semana do programa culinario “Larpeiros”. Galicia é unha terra de moitas e moi boas castañas. Poden comerse crúas, asadas, en marrón glacé ou ben acompañando un caldo, cuns grelos, con carne ou nun guiso. Para demostralo, don Benigno preparará pito con castañas e cogumelos. Pola súa parte, Adrián achegarase a Folgoso do Caurel, en Ourense, onde xunto a Daniel e Verónica coñecerá uns fermosos soutos que dan algunhas das mellores castañas de Galicia. De volta na casa, Merchi e Leni prepararán unha lambetada de chocolate con castañas.