Larpeiros comeza coa chegada de Leni cunha cesta chea de verduras. Isto alimentará a imaxinación dos seus compañeiros e xuntos comezarán a pensar en pratos para preparar con vexetais como berenxenas recheas, cremas de verduras ou grellada de verduras. Ao mestre Benigno Campos deseguido se lle ocorre como axudar a Lola a preparar un xantar á altura do que as rapazas inventen coas verduras. O prato escollido será un guiso de tenreira con patacas sorpresa, feito cunha peza boa de carne que se chama man de diante e acompañado dunhas patacas que Benigno trouxo da súa última viaxe. Adrián, o “larpeiro viaxeiro", irá voando ata O Carballiño para buscar a sobremesa perfecta. Alí, da man de Ana, aprenderá a facer unha das lambetadas con máis sona de Galicia: as canas de crema.