O mestre dos fogóns do programa, Don Benigno, está disposto a facer un deses pratos que deixan pampo a todo comensal nacional ou estranxeiro, un guiso de robaliza.  Para elaborar este menú, Adrián vai ata Baiona para obter a mellor robaliza das rompentes do Cabo Silleiro, onde o mar bate bravo e limpo. De volta a casa, Merche e Leni terán preparado un crumble de peras e amoras para a sobremesa.