O que está claro é que as ameixas fan moi boa parella cos peixes e os mariscos, pero tamén con algunhas carnes. De feito, os portugueses teñen un prato que merece un monumento: a cataplana de porco e ameixas. Benigno Campos coñece de sobra a cataplana portuguesa e hoxe pensa facer unha, pero ao estilo dos “Larpeiros”: un guiso con todo o coñecemento dos veciños portugueses, pero cun toque moi galego. Non hai día sen sorpresa no programa e nesta ocasión virá da man dun guiso de porco con ameixas á portuguesa.De volta na casa, estarao agardando unha sorpresa en forma de sobremesa: as madalenas con corazón de chocolate que prepararán Merchi e Leni.