Unidos arredor da cociña de Benigno, hoxe aprenderase a elaboración dun risotto de lamprea e dun requeixo das Neves con noces e mel.Na súa estadía na localidade, o equipo de larpeiros tivo tempo amais de coñecer como preparan os veciños de Arbo a lamprea seca á grella, con fideos e rechea.Cumprindo cos costumes, os “Larpeiros Festeiros” visitarán a casa dunha cociñeira experta que, arroupada por uns axudantes de excepción, elaborará unha torta de piña feita na tixola.