Os “Larpeiros” manteñen unha animada conversa sobre a importancia do pan para os galegos. Como algo tan sinxelo, que simplemente leva fariña, auga e sal pode resultar tan rico? A verdade é que o pan está rico por si mesmo e tamén está moi bo como parte doutras receitas na cociña. Como, por exemplo, en empanadas, que son as grandes protagonistas do programa desta noite. Porque hai mil maneiras de usar o pan na cociña e o empanado sempre lles deu unha cobertura moi agradable a todo tipo de frituras. Benigno Campos é tan amigo do pan como calquera do resto dos “larpeiros”. Gústalle o pan sen mais, gústalle o pan na empanada e tamén lle gusta o punto que dá nos empanados. Por iso, fai unha receita que non deixa a ninguén indiferente: escalopes empanados con salsa de queixo e pasta con brócoli. Adrián vai voando nesta ocasión ata Vigo. Alí, da man de Carlos, aprende a facer unha empanada de lombo con pementos De volta na casa, a festa é completa coas empanadillas de pataca doce coas que M