Verduras, berberechos, pescada... Estes ingredientes sempre son unha fonte de inspiración perfecta para un cociñeiro e Benigno Campos ten hoxe na cabeza un prato ben rico e económico para sorprender a todos os “larpeiros”: pescada en salsa de verduras con berberechos. Para isto, Adrián, o “larpeiro” máis itinerante, achegarase a Cambados, onde, da man de Celsa, terá que converterse en todo un mariscador diplomado se quere levar para a casa uns berberechos á altura da pescada que están a preparar os seus compañeiros. Pero isto non será todo, xa que a proposta do programa como sobremesa será toda unha delicia: unha torta de iogur e pexegos preparada por Merchi e Leni.