Ttendo a María de visita todos están de acordo en que o menú ten que ser portugués ou unha mestura galego-portuguesa, xa que a convidada leva máis de media vida en Galicia. Antes de saber da visita tan especial que terían hoxe don Benigno xa puxera un polbo a desconxelar, así que o primeiro prato será guiso de polbo con chícharos e patacas. E a artista, que é unha muller de recursos, propón facer un entrante luso: boliños de bacallau. Pola súa parte, Adrián irá ata Lugo e da man de Aurora Baranda, unha das polbeiras máis famosas e recoñecidas, converterase en todo un experto na arte de cocer polbo. De volta na casa, a festa vai ser completa coa torta de queixo con cereixas coa que Merchi e Leni agasallan ao resto dos Larpeiros.