Don Benigno propón este martes unha receita que sorprenderá a moitos espectadores, coello con grelos e patacas. Pola súa parte, Adrián desprazarase ata o Fogar do Santiso, moi preto de Santiago de Compostela, onde aprenderá todo o necesario para cultivar grelos. Ademais, terá tempo para facer unha empanada de grelos e queixo. Mentres, na casa, Merche e Leni prepararán a sobremesa coa que agasallarán o resto dos “Larpeiros” cun pastel con pataca doce.