O cociñeiro convidado desta semana, Carlos Parra, elaborará unha receita de caracois de pasta mariñeiros con mexillóns, berberechos e ameixas. Adrián, o viaxeiro do equipo, achegarase ata Meis, en Pontevedra. Nesta localidade coñecerá a María José e Susana, que lle ensinarán a facer unhas pastas de té con viño albariño. Pero antes de pasar ao té, o equipo tomará de sobremesa un biscoito de cabaza e améndoas preparado por Merchi e Leni.