As verduras sempre tiveron un papel importante na cociña do programa, pero agora tócalles ser as protagonistas. Hai quen as quere de acompañamento, como Lola, e quen as prefire soas cun pouco de bo aceite. Pensando neste paraíso vexetal, Benigno Campos terá unha grande idea para sorprender os seus amigos. Quere cociñar bacallau, unha das súas debilidades, cunha crema de espárragos. Unha receita rica, sinxela e ben orixinal. Mentres, Carlos Parra, o cociñeiro convidado desta semana, agasallará os compañeiros cun primeiro prato moi curioso: caponata galega con berenxena