Non hai maior fan do bacallau que Benigno e esta semana non deixará pasar a ocasión de facerlle unha homenaxe por todo o alto. Para isto, proporá facer un xantar que non deixará a ninguén indiferente: un bacallau de verán, un prato fresco con patacas, pementos asados, olivas e un aliño de ensalada. Leni e Merchi afanaranse na cociña para preparar a sobremesa: un biscoito de chocolate con xeado.