Benigno Campos, que as sabe todas, coñece unha receita portuguesa de bacallau que leva o nome dun cociñeiro da cidade do Porto, que a inventou na década de 1940. Unha receita que promete deleitar o resto dos Larpeiros: bacallau á Zé do Pipo.Adrián irá ata Vigo, alí, da man de Elisa e Mery, aprenderá a facer unha torta moi famosa que leva o nome dunha bailarina mundialmente coñecida: Tora Paulova. De volta na casa, a festa vai ser completa coa torta Sacher, que debe o seu nome ó reposteiro austríaco que a inventou, coa que Merchi e Leni agasallarán os seus compañeiros.