Camiño do Nadal, os larpeiros van preparar un auténtico menú de festa, con panxoliñas e moito humor. Teremos turrón, mazapán e moitos doces típicos destas datas. Mentres Lola nos dá consellos e todos os trucos para tratar de cociñar o marisco, Benigno vainos sorprender cun bacallau moi orixinal, que nada ten que ver co que estamos acostumados a probar. E Leni viaxará ata A Estrada para que un mestre pasteleiro lle aprenda a facer turrón de chocolate e unha anguía de mazapán. Con Adrián ímonos achegar ata O Morrazo para probar unhas nécoras nunha taberna mariñeira. Entre panxoliña e panxoliña, o noso larpeiro terá que decidir se este é o marisco mais apropiado para unha das noites mais fermosas do ano. E como sempre a nosa Merchi deixará coa boca aberta a mais de un cos seus inventos. Aí vai a súa proposta para esta cea de Noiteboa: un tronco de Nadal recheo con crema de turrón. Todos xuntos van en procesión á mesa, felices e animosos. Copas de cava para o brinde e moita festa ata a mad