Hoxe os primeiros en chegar ao Social Club atoparon unha nota de Adrián: Seica marchou ata a lonxa da Coruña moi cediño, coa intención de volver cun peixe fresquísimo para cociñar ao forno. Os larpeiros festexan a súa iniciativa, e lembran a todos os que polo seu traballo madrugan moito mais do debido (ou do que apetece). O certo é que unha chea de profesións relacionadas co agro, o mar e os nosos produtos requiren un esforzo “extra” para deixar a cama antes de que saia o sol. E diso sabe moito Guillermo Moscoso, panadeiro de profesión, que logo de algúns anos xa ten algún truco para non entrar tan cedo no seu obradoiro. Con el cociñamos no Club uns boliños preñados, con recheos variados. E tamén con Merchi, que será a que nos reciba hoxe mentres serve e prepara os almorzos no seu hoteliño de Cangas. Leni será a encargada de axudala en todo os labores e de facer unha madalenas para traer ao club unha lambetada deliciosa. Estade atentos, porque hoxe no Social Club, madrugamos para coñ