Benigno e Lola farán unha empanada moi festeira, sumando as súas forzas para que sexa case inesquecible. E para completar este menú de domingo de festa, Merchi vai preparar un pastel con améndoas e froita de tempada. Os pementos da nosa zaragallada vainos traer Leni de Guláns, onde cultivan esta variedade case descoñecida. Do pan farase cargo Manuel, e Adri irá na procura dun viño moi especial ata Trives.