Hoxe no Larpeiros Social Club teremos unha lección de arte e oficio cuns cociñeiros que van sobrados das dúas cousas. Cos nosos amigos, descubriremos que cando se trata de facer unha empanada, aínda non está todo inventado. E o mesmo nos pasará coa pescada, cociñada nunha salsa verde, Con ela faremos unha desas salsas famosas pola súa cor, e no proceso aprenderemos os pequenos trucos que fixeron famosos aos nosos cociñeiros. Adrián irá ata o Porto de Celeiro, en Lugo, para recibir cos mariñeiros a mellor pescada do pincho. E asistirá á poxa para mercala a bo prezo e levaba ata a Praza de Abastos de Viveiro. Todo, para traer unha pescada de categoría para Benigno, que a vai cociñala en salda verde. Lola Gestido e Pili Pampín serán as encargadas de facer unha empanada de polbo, seguindo as receitas da súa nai e dunha amiga da cantante.