A froita de tempada e as verduras serán inspiración para dúas cociñeiras moi novas, que xa teñen moito que contar. Merchi e Diana non chegan aos 40 e xa fixeron aquilo de “escribir un libro, plantar unha árbore e ter un fillo”. Con elas cociñamos un menú de sete estalos que fará tolear a mais de un! Ensalada de navallas para abrir boca, lasaña de verduras e un pastel de nectarinas e mazá.