O “Land Rober” afronta un exame nun programa especial, chamado “Onde ninguén é forasteiro”. Seis forasteiros residentes en Galicia darán a súa opinión sobre o espazo presentado por Roberto Vilar e no que participan os humoristas Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias.  Dous cubanos co seu particular son, unha arxentina que vive en Moraña e que leva media vida na nosa terra, un chinés que deixou o Extremo Oriente para trasladarse ao Carballiño, unha valenciana que chegou hai catro anos a Santiago para estudar a súa carreira soñada e unha madrileña con parte da súa familia aquí, serán os encargados de emitir as súas avaliacións sobre o espazo de humor. Que opinarán de Concha e Manolo? Resultaralles gracioso Roberto Vilar? Como tomaron a particular retranca cando aterraron en Galicia? Todo iso, ademais, acompañado dos sketchs e seccións máis divertidas do programa. A actriz Lucía Regueiro enfrontarase a Carlos Roma no divertido xogo de mímica “Que me estas contando”, os “Gorrillas” farán da