Roberto Vilar non se vai de vacacións esta Semana Santa, así que este xoves á noite a diversión e os gags humorísticos están garantidos para a audiencia da Televisión de Galicia. Nesta xornada festiva, o mestre de cerimonias do “Land Rober Tunai Show” presentará un especial que, baixo o título ‘Non se fala doutra cousa’, achegará unha escolma de sketchs coas personaxes do programa que teñen máis éxito na rede.  Coma en cada edición, os versátiles Xosé Antonio Touriñán e Eva Iglesias meteranse na pel dos personaxes do programa dos que máis se fala en Internet. Á cabeza dos números que máis lles gustan aos espectadores cómpre salientar as caracterizacións e momentos que se viven cos xubilados e cos ‘gorrillas’.  Dentro da serie de situacións cómicas que protagonizan os xubilados polo mundo, esta noite poderase ver esta popular parella visitar un McDowell’s, un barco e mesmo un aeroporto. Os ‘gorrillas’, o dúo formado por José Luís e José María, que tanto conquistou os espectadores, farán