Noite de mércores, noite de “Land Rober Tunai Show” na TVG, que nesta ocasión recibirá a visita dunha das sensacións do pop español: Gemeliers. Os irmáns sevillanos veñen para levantar as paixóns das súas fans e, de paso, pintar a mona durante toda a noite.  Ademais, co gallo da estrea do novo programa da Galega “Buscando Ardebullo”, o espazo presentado por Roberto Vilar tamén contará coa presenza de Marcos Pereiro e Manolo Pereiro, que, xunto a Xosé A. Touriñán, desvelarán os segredos desta nova aventura, que arranca o 23 de febreiro na TVG.