Co gallo do derbi galego por antonomasia deste próximo sábado, esta noite visitan “Land Rober Tunai Show” dúas lendas do Celta e do Depor: Vlado Gudelj e Donato.  Tamén virán pintar a mona a “Land Rober” a actriz Mayka Braña, unha das protagonistas de “Pazo de Familia”, e o presentador  Rodrigo Vázquez, que a semana que vén se estrea como condutor do novo programa “O país máis grande do mundo”.