Contamos cun convidado estrela, xa que o artista que acompañará a Roberto Vilar neste segundo programa da temporada será o exitoso cantante venezolano Carlos Baute. Con case dous millóns de disco vendidos e unha carreira máis ca consolidada, Carlos Baute é un dos grandes da música latina e conta na súa vitrina con moreas de premios. O artista, un dos máis queridos polo público galego, achégase ao programa a soltar unhas gargalladas e gozar da noite galega. Ademais, contamos coa presenza de María Solar, presentadora da Televisión de Galicia e mais escritora, que acaba de publicar a súa última novela, “As horas roubadas”. Con ela, xogaremos ao “Quen vés sendo”, pero iso non será todo, xa que Vilar e os seus téñenlle preparada algunha trasnada máis. Por suposto, Touriñán e Eva Iglesias tamén andarán enredando no estudio de gravación e, para os que os botaran en falta no verán, “Os Gorrillas” tamén andarán pintando a mona. Por certo, seguimos á caza de novos colaboradores! Temos habil