“Land Rober Tunai Show” recibe a visita de Beatriz Serén, actriz de “Pazo de Familia”, que comeza unha nova temporada na Televisión de Galicia. Pero antes diso, vaise ter que enfrontar ao showman máis “falcatrueiro” da pequena pantalla e aos seus colaboradores. Tamén vén pintar a mona xunto ao presentador Roberto Vilar o actor Evaristo Calvo, que se vai atopar fronte a fronte cos xubilados máis desenfreados. Ademais, coma sempre, hai xogos cos espectadores e regálase outra das camisetas oficiais do programa. Todo isto, como non pode ser doutro modo, na compañía de Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias.