Lito Garrido, Eva Iglesias, Miguel Torres, Pili Pampín e Manolito El Pescador se xuntaranse nunha sala de festas acompañados pola mítica orquestra Los Satélites. De idades e estilos moi diferentes, este quinteto de luxo fará bailar os espectadores da canle pública desde cumbias e merengues ata pasodobres, boleros ou temas modernos.Os cinco protagonistas deste espazo tamén reflexionarán acerca da música e comentarán as lembranzas máis entrañables e as anécdotas máis divertidas das súas carreiras profesionais. Ademais, o programa acompañaraos aos lugares que os inspiran, compartindo o intenso traballo que teñen que facer ata chegar a un escenario; desvelará como preparan o vestiario de cada temporada e recollerá opinións dos seus amigos.