Inspirados polo lema “O amor da miña vida”, os artistas de “Inimitables” teñen que interpretar as mellores e máis coñecidas cancións de amor. Temas de antes e de agora, dende A Roda ata Marc Anthony, pasando polo 'Quen Poidera Namorala' ou 'Por que me habrás besado', de Juan Pardo e Rocío Jurado. Presentado por Arturo Fernández, “Inimitables” conta cunha selección de intérpretes encargados de expoñer os seus mellores temas, pero sempre cun fío temático. As orquestras están nunha sala de festas da Coruña, os grupos pop e de música tradicional na adega Lagar de Pintos en Ribadumia e os coros e charangas cantan no museo do Coiro en Allariz. O cartel de “Inimitables” abrangue o mellor da música en Galicia: Sés, Combo Dominicano, Andrés Suárez, Eladio y los Seres Queridos, Treixadura, De Vacas, a orquestra Olympus, A Roda, a Compañía do Ruído, o coro Coda a Mekánika Rolling Band, a Gallaecia Big Band, Habelas Hainas, o coro Acorde Secreto ou Sisters In The House, entre outros.