Os “Inimitables” teñen que interpretar os grandes éxitos dun xénero musical moi curioso: As cancións picantes. No repertorio tradicional existen grandes éxitos coma o Caneco, o Sancristán de Coimbra ou Arremánghate María, pero tamén hai composicións máis recentes coma os Bistéqueles ou o Pirimpinpin, que conectaron co público pola súa simpatía. Ademais, escoitamos cancións picantes de fóra, como Pónmelo Ahí, do Combo Dominicano, ou Mi cama es para ti. O cartel de “Inimitables” abrangue o mellor da música en Galicia: Sés, Combo Dominicano, Andrés Suárez, Eladio y los Seres Queridos, Treixadura, De Vacas, a orquestra Olympus, A Roda, a Compañía do Ruído, o coro Coda a Mekánika Rolling Band, a Gallaecia Big Band, Habelas Hainas, o coro Acorde Secreto ou Sisters In The House, entre outros.