O actor Xulio Abonjo acompáñanos neste episodio do Imos Navegando para percorrer, xunto co noso presentador Rubén Prieto, a ruta entre O Grove e Cangas. Con el para acompañarnos, a xornada promete. Entre moitas risas, algunha que outra broma co noso capitán de barco, Charly, e paisaxes que impresionan, chega o final do día e Rubén está disposto a poñer a proba a Xulio cunha actividade coa que rematará máis dunha vez na auga.