Neste episodio de Imos Navegando, Rubén Prieto sube ao Eureka para facer a viaxe entre Portosín e O Grove cunha madrileña afincada en Galicia, a actriz, modelo e presentadora Silvia Fominaya. Con ela percorrerá as rías de augas máis cristalinas de Galicia, falará da súa traxectoria, mais tamén de algún mal trago que lle tocou pasar, e rematarán a xornada aventurándose a facer kayak nun lugar que ben podería estar no Caribe.