Entre Fisterra e Portosín hai unha fermosa viaxe pola costa que farán, desta vez, o noso presentador Rubén Prieto e o actor e humorista Víctor Fábregas. Víctor descubriranos cousas fascinantes, como que “o dos Tonechos” estudou dereito! Ademais, coñeceremos lugares fermosos e algún ben descoñecido, e remataremos a xornada poñendo a Víctor nun apuro. Atreverase coa actividade que lle temos preparada?