Neste episodio de Imos Navegando percorremos a bordo do Eureka a costa entre Malpica e Fisterra. O noso presentador, Rubén Prieto, vén desta volta acompañado dun científico e presentador que todos coñecemos, Jorge Mira. Ao longo da etapa, visitarán xuntos espazos singulares, falarán de experiencias incribles (como aquel día que Jorge coñeceu nada máis e nada menos que a Stephen Hawking!) e daranse un bo chapuzón facendo unha das cousas que a Rubén máis lle gustan.