Neste episodio de Imos Navegando, a actriz Marta Doviro embarca no Eureka co noso presentador, Rubén Prieto, para viaxar entre Mugardos e Malpica. Ao longo do día visitarán lugares como Lorbé, o impoñente Monte San Pedro ou a fantástica praia de Razo e descubriremos que Marta é, ante todo, unha persoa honesta e apegada aos seus. Ao final do día, poñerémola a proba cun bautismo de mergullo na vila de Malpica.