Neste episodio de Imos Navegando, Rubén Prieto viaxará a bordo do Eureka acompañado do xornalista Diego Viaño, coñecido sobre todo porque entra cada día na casa de todos os galegos para informar sobre o Tempo. Xuntos, farán en barco a etapa entre Cariño e Mugardos, falarán de anécdotas de traballo, de futuro e de familia, e ao final do día poñerán a proba o lado máis deportista de Diego cunhas traíñas.