Quique Morales e a actriz, cantante, presentadora e humorista Eva Iglesias percorren a cuarta etapa do Camiño dos Faros, que vai de Laxe a Arou, un tramo de case 18 quilómetros cheo de sorpresas, en que se suceden incribles praias e coídos.  Os viaxeiros aprenden a identificar unha especie invasora que ameaza a flora da ruta, grazas a Sara Verdes, no Faro de Laxe. Ademais, soben ao Peñón de Soesto, visitan o Museo de Man, en Camelle, con Juan Carlos Canosa, e botan unhas boas risas co Rubio, mítico mergullador da Costa da Morte.