Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata a provincia de Lugo para pasar o día na vila de Foz, na Mariña Central. Este antigo porto baleeiro, famoso polas súas praias, acolle todos os martes nas súas rúas unha gran feira con máis de 150 vendedores. Coma cada semana, durante a nosa visita a vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Foz para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros!