Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata o municipio de Baiona, na provincia de Pontevedra, para visitar o lugar de Sabarís. Declarada “Conxunto de Interese Histórico Artístico”, esta vila celebra todos os luns de cada mes unha feira que atrae a xente de todo o municipio. No programa de hoxe, as súas rúas están a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Sabarís para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros! Quen gañará? Cantos cartiños levará? E onde poderá gastalos? Se queres descubrilo, imos de feira!