Viaxamos ata Monterroso, municipio da provincia de Lugo. Esta vila, situada prácticamente no centro de Galicia, acolle os primeiros días de cada mes unha gran feira nas súas rúas principais. A vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Monterroso para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros! Quen gañará? Cantos cartiños levará? E onde poderá gastalos? Se queres descubrilo, imos de feira!