Hoxe en “Imos de Feira” viaxamos ata Vilagarcía, na comarca do Salnés, en Pontevedra. Esta vila mariñeira sitúase nun dos municipios máis poboados de Galicia, e como cada martes e sábado, o centro da vila está a piques de encherse de feirantes e compradores dispostos a aproveitar o día. Tamén o mercado de abastos, famoso polo seu peixe e marisco (como non!) agarda un día de moito movemento. Rafa Durán e Javier Varela visitarán os postos ambulantes e os negocios da zona, para escoller catro lugares nos que deixar os sobres do programa. Despois, percorrerán Vilagarcía para atopar aos aspirantes a concursantes que loiten por conseguir, neste día de feira, ata trescentos euros! Quen gañará? Cantos cartiños levará? E onde poderá gastalos? Se queres descubrilo, imos de feira!